Aparatoloxía dixital de ultima xeración


Scanner intraoral 3 Shape en Cangas

Scanner intraoral 3 Shape

Tecnoloxía dixital pioneira que permite cun só click en menos de 3 minutos crear en 3D a anatomía real da boca do paciente para deseñar calquera tipo de prótese sen a necesidade dos incómodos moldes, fomentando así unha nova odontoloxía máis sostible eliminando residuos.

Sonda Florida en Cangas

Sonda Florida

É un instrumento computarizado que revolucionou a medición da sondaxe periodontal de forma indolora que exerce unha presión constante e moi fiable. Emprégase no diagnóstico e seguimento da enfermidade periodontal.

Centrifugadora de Plasma rico en plaquetas en Cangas

Centrifugadora de Plasma rico en plaquetas (PRP)

Para calquera tipo de cirurxía, previamente realízase unha punción venosa e con esa toma de sangue introdúcese na centrifugadora médica, con motivo de obter un plasma rico en plaquetas para poder rexenerar de forma máis predicible e con éxito, obtendo niveis de cicatrización excelentes así como mellor post-operatorio.

Cirurxía guida de implantes por computador en Cangas

Cirurxía guiada de implantes asistida e planificada por computador

Grazas á ciruxía guiada por computador conseguimos colocar os implantes máis rápido e na localización perfecta para a restauración posterior, sen sangrado, dor ou edema. En menos de 24 horas logramos repoñer toda a dentición ausente.

próteses libres de metal con deseño e fabricación asistida por computador en Cangas

Todas as próteses libres de metal con deseño e fabricación asistida por computador ( CAD- CAM)

Tecnoloxía dixital tridimensional innovadora pola que, tras escanear a boca do paciente, as restauracións son procesadas e fabricadas mediante unha mecanización asistida por computador. Isto xera unha excelencia na precisión protética.

Penguin RFA en Cangas

Penguin RFA

É un dispositivo médico non invasivo para medir a estabilidade do implante en cuestión de segundos de forma totalmente indolora. Con máis de 700 artigos publicados, o aparello de fabricación sueca, móstranos información de como de forte está suxeito o implante ao óso, tan valiosa para os nosos procedementos.

gratis

1º Visita gratuita

Quero ir
gratis

Aparcamento de balde

Atópanos
gratis

Pida a súa cita online

pedir cita
gratis

Coñécenos

Nos medios
Cita previa
whatsapp